Blog

Café da memoria: traballar en casa allea

O xoves 30 de novembro ás 18h30 o Museo do Pobo Galego organiza un novo Café da memoria, desta vez sobre as mulleres que foron traballar en casa allea. Será unha conversa con Arsenia Suárez Nieto, Manuela Viqueira Turnes, Esther Iglesias Gil e Carmela Casal Ruibal. MaOs participou contactando e entrevistando as participantes no café ademais de realizando o guión do encontro e a nosa compañeira Alba Otero será quen modere a mesa.