Paseos literarios e culturais para centros de ensino

En MAOS creamos múltiples paseos literarios e culturais por Santiago de Compostela que agora ofrecemos tamén para centros de ensino. Aquí tendes a nosa oferta para este curso 2021-22. Se o teu centro ten interese, contacta connosco e pídenos o teu orzamento personalizado!

Read more
Temos nova socia! Nace MAOS 3.0!

Despois de varios anos sendo dúas persoas socias, volvemos ser tres! Desde o 1 de novembro temos a inmensa fortuna de contar cunha nova socia: Zaira Caamaño. Benvida! Xa tivéramos a sorte de contar con ela grazas a unha bolsa FEUGA e agora incorpórase como socia traballadora. Zaira defínese como unha historiadora da arte que […]

Read more
Paseos na SELIC 2021

MAOS guiaremos dous paseos dentro da programación da Semana do Libro de Compostela – SELIC 2021: Día 15/09 ás 17h: Compostela Filmada. Percorrido pola rica vinculación de Compostela co mundo do cinema que ofrece unha visión panorámica tanto dos lugares de proxección como de rodaxes onde a nosa cidade ten protagonismo. Día 16/09 ás 17h: […]

Read more
Lánzase a Compostela Filmada

Xa está en aberto ‘Compostela Filmada‘, proxecto realizado e coordinado por MAOS para a área de Cultura do Concello de Santiago, consistente na creación dunha guía cinematográfica de Santiago de Compostela, onde se dea protagonismo ás rodaxes realizadas na capital galega. Os resultados da investigación deron como resultado a web CompostelaFilmada.gal, en constante actualización, a […]

Read more
Festival Rosalía 2021

Un ano máis colaboramos no deseño e comunicación do #FestivalRosalía da Área de Cultura da Deputación da Coruña. Esta edición será online, mais… a pesar dos pesares, das restricións, borrascas e o que vier, #RosalíadeCastro ben merece perseverar! Máis información: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=8597&utm_source=Enlace&utm_campaign=%C3%9Altimas+Novas&utm_medium=Web P.D. A xenial nova #SúperRosalía deste ano é, como sempre, obra da amiga, tamén […]

Read more
Léxico de costureiras

O traballo de MAOS para o proxecto A Memoria das Mulleres, do Concello de Pontevedra, continúa a dar froitos ben gorentosos! Desta vez lanzamos o ‘Léxico de costureiras‘, un traballo realizado con costureiras de Mourente, Lérez e Santa María de Xeve que recolle e documenta o vocabulario profesional deste oficio tradicionalmente invisibilizado. Grazas a todas […]

Read more
Calendario MAOS 2021

Como xa é tradición, o noso deseñador de cabeceira, Miguel Durán, agasállanos un lindo calendario para entrar ben no ano.

Read more
Colaboração com a AGAL na Leitura Continuada do Scórpio

Ao longo de 2020, ano em que se dedica o Dia das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero, tivemos o prazer de colaborar com a Associaçom Galega da Língua no desenvolvimento da leitura continuada online do romance ‘Scórpio’. Oxalá ao longo do ano 2021 podamos organizar uma leitura presencial!

Read more
#DeFronte á violencia de xénero

MAOS apoiamos e asinamos a campaña De Fronte á violencia de xénero da Deputación Provincial da Coruña. Tivemos tamén no ano 2020 o pracer de participar da campaña realizando varias tarefas na área de comunicación, entre elas, a creación da web, man a man coas compañeiras de Rexenerando (obrigadas!), e aproveitando a estética ideada por […]

Read more