Novo proxecto: Youtubeiras

En xuño de 2023 comezamos a coordinar e desenvolver o proxecto Youtubeiras, tomando o relevo das nosas amigas da Illa Bufarda, que tan ben guiaron o proxecto e que alta deixaron o listón! Youtubeiras é un programa colaborativo, organizado por diversos concellos, a Deputación da Coruña e as universidades galegas, dirixido a fomentar e visibilizar […]

Read more
Centenario do Seminario de Estudos Galegos

O 21 de outubro de 1923 asinouse a acta fundacional do Seminario de Estudos Galegos na rúa Concepción Arenal 10, Santiago de Compostela. Festexamos, por tanto, o centenario dunha das institucións máis importantes da nosa historia recente. Con este motivo, a área de Cultura do Concello de Santiago encargounos o deseño e guía dun paseo […]

Read more
Festival Rosalía 2023

Un ano máis desde MAOS desenvolvemos para a área de Cultura da Deputación da Coruña o deseño gráfico e a comunicación do Festival Rosalía. O festival desenvolveuse con grande éxito e grande afluencia (nova relacionada). A nosa compañeira Xiana Iglesias foi a encargada de crear a nova imaxe para a edición 2023:

Read more
Temos nova socia! Benvinda Xiana!

Desde o 1 de decembro de 2022 somos novamente tres as persoas socias de MAOS, xa que demos a benvinda a Xiana Iglesias Villaverde, quen xa fora socia fundadora e traballadora da nosa cooperativa até 2019. Ábrese para nós unha nova e ilusionante etapa! MAOS somos…

Read more
MAOS pon en marcha o ciclo de roteiros ‘Historia das nosas rúas’

Desde MAOS lanzamos este decembro unha iniciativa propia, en colaboración co guía profesional Xosé Antón G. Serén: o ciclo de roteiros ‘Historia das nosas rúas’! A actividade consiste nun roteiro para coñecer a historia dunha rúa compostelá, sendo as Casas Reais a escollida para esta edición. O roteiro terá versión online e física, realizándose os […]

Read more
MAOS lanza o ‘Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza’

[Extra: Entrevista a Zaira Caamaño no Nós Diario] Após meses de investigación, estudo e traballo MAOS publicamos o ‘Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza‘, que pretende pór en valor a historia medieval galega e contribuír á socialización deste período para combater a desmemoria e o esquecemento sobre a historia do país. Trátase dun dos […]

Read more
Nova etapa en MAOS

A nosa compañeira María Abelleira despídese de MAOS… Mais faino por boa cousa Aprobou as oposicións de galego . *** Desexámoslle o mellor nesta nova aventura no mundo da educación . Alá polo 2012, María foi unha das ideadoras do que sería a nosa cooperativa, e en boa medida grazas a ela chegamos a ser […]

Read more
Proxecto de MAOS premiado co Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia

Estamos encantadas de anunciar que o noso proxecto “Cartafol de ilustracións do Reino de Galiza” recibiu un dos vinte premios do Fondo de Proxectos Culturais Reino de Galicia da área de cultura da Deputación da Coruña. A nosa proposta consiste na difusión de láminas creadas por cinco ilustradoras galegas, presentando estéticas e estilos diferentes, pondo […]

Read more
Paseos na SELIC 2022

Na SELIC 2022 guiaremos dous paseos deseñados por MAOS para o proxecto Compostela Filmada, que creamos e desenvolvemos para o Concello de Santiago de Compostela: Mércores, 15 xuño. Roteiro. Cinema(tógrafo)s de Compostela. Hora de inicio: 16:30h. Lugar: R/ Algalia de Abaixo, 24. Percorrido pola historia das salas de proxección en Compostela, da primeira exhibición do […]

Read more