No proxecto Arrolos de Rianxo andamos a vos pedir que nos enviedes os vosos arrolos ou os que recollades doutras persoas… Pero como podedes facelo? Unha das formas máis fáciles é utilizando o Whatsapp.

Antes de comezar lembra meter o noso número nos teus contactos: 694 47 41 66.

Aquí tendes unhas instrucións básicas sobre como facelo:

  • Gravar e enviar. Para enviar unha mensaxe de voz, simplemente mantén premida o botón do micrófono  e xa podes falar ou cantar. Ao soltar o dedo a mensaxe enviarase automaticamente sen que teñas que facer máis nada. Se queres cancelar a gravación e que non se envíe só tes que deslizar o dedo para a esquerda.

Importante: Nalgúns dispositivos é posible que teñas que esperar un segundo antes de falar para que se grave correctamente o principio da mensaxe.

  • Queres escoitar o que nos enviaches? Só tes que darlle ao botón de reproducir .

Podes obter máis información para todo tipo de teléfonos premendo aquí

Deixar unha resposta