Ao longo dos anos 2013 e 2014 desenvolvemos conxuntamente coa empresa Feitoría Verde S.Coop.Gal. o proxecto RuralActivo. Programa de dinamización socioeconómica de Xeve, programa promovido polo Concello de Pontevedra para a dinamización socioeconómica das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido destinado principalmente ás mulleres e á xuventude.

Pretendíase facilitar e incentivar que estes sectores da poboación se involucrasen para, entre todos e todas, construír alternativas de traballo que supuxesen o aproveitamento, o respecto e o coidado do patrimonio da zona.

Os obxectivos propostos foron os seguintes:
– Fomentar a cohesión social.
– Favorecer o estabelecemento de modelos económicos alternativos mediante o aproveitamento do patrimonio natural e cultural das parroquias.

Realizouse un proceso participativo coa veciñanza por medio de faladoiros. cuxos resultados foron compilados no Informe análise participada e documental (PDF) e continuouse cunha serie de cursos e visitas a iniciativas en base ás necesidades detectadas nos faladoiros.

Facebook  | Twitter

ruralactivo