Os días 9, 14 e 15 de marzo realizaremos, en colaboración Opcions e MaOs Innovación Social, unhas Xornadas sobre comercio local e consumo responsable para a Concellaría de Economía Social e Emprego do Concello da Coruña. O obxectivo destas xornadas é promover a reflexión sobre o modelo de consumo actual e as alternativas existentes. Anímaste?

Comezamos o día 9 cunha charla de Isidro Jiménez (ConsumeHastaMorir – Ecologistas en Acción) e continuamos o día 14 con “Que modelo de consumo queremos para a Coruña? Debate aberto a comerciantes, persoas consumidoras, produtoras, e entidades”. O día 15 comezamos de 11h a 20h co Mercado da #NovaCulturaDoConsumo e finalizaremos os actos co obradoiro de Toni Lodeiro (Opcions, autor de ‘Consumir menos, vivir mejor’): “Consumo consciente para vivir mellor? 1001 dúbidas e unha chea de ideas prácticas!”.

Por unha #NovaCulturaDoConsumo by MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega

Deixar unha resposta