Desde finais do ano 2014, MaOs vén levando a cabo o proxecto de salvagarda da historia das mulleres para o Concello de Arzúa, por medio da recollida de campo de memoria oral e material fotográfico.

Obxectivos

Esta proposta procura favorecer a recuperación, valorización e conservación da memoria das mulleres, e ten os obxectivos a seguir:

  • Visibilizar e dar a coñecer o papel da muller traballadora.
  • Conservar a memoria oral e fotográfica das mulleres do concello.
  • Dinamizar a memoria das mulleres á vez que pór en valor as súas experiencias á hora de construír a historia e memoria local.
  • Favorecer unha autopercepción positiva entre as mulleres maiores do concello.
  • Ofrecer espazos de intercambio e lecer ás mulleres maiores do concello á vez que contribuír a pór en valor as súas achegas á comunidade.

Vídeo realizado para a “Homenaxe ás queixeiras”, acto incluído na programación da 40ª Festa do Queixo de Arzúa:

Homenaxe ás queixeiras por MaOs Innovación Social en Vimeo.

Descrición do acto “Homenaxe ás queixeiras” na programación da 40ª Festa do Queixo:

homenaxe