MaOs temos o pracer de coordinar un novo proxecto para o Concello de Pontevedra: “Poesía e deporte” que nace coa vontade de promover a relación entre a poesía e o deporte, de forma que se apoien mutuamente para obtermos novo pulo creativo á vez que se facilitan espazos de interacción entre ambas as disciplinas.

A práctica deportiva pode verse con múltiples olladas e este proxecto quere facilitar que esas olladas evolucionen desde o punto de vista creativo tendo en conta a visión de quen practica o deporte. Buscar ese diálogo que pode parecer tan estraño entre deportista e poeta e ver até onde chega é outra das misións do proxecto, ver como a paixón e os sentimentos dunhas e doutras poden chegar a se mesturar.

OBXECTIVOS

• Relacionar e vincular poesía e deporte, poetas e deportistas.
• Levar a poesía aos espazos deportivos.
• Facilitar o estabelecemento dun diálogo creativo entre poetas e deportistas.
• Promover a xeración de novas creacións poéticas sobre temática deportiva.
• Obter contidos para unha publicación sobre poesía deportiva.