En xaneiro de 2017 demos comezo a un novo proxecto: Mapa Literario de Pontevedra, que realizamos por iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello De Pontevedra.

Creamos un mapa, tanto en versión dixital como en papel, que nos vincula á cidade e ao resto do concello desde novas perspectivas e que olla para autores/as e para obras que falan dela ou nela transcorren (non só novelas e poesía, senón tamén banda deseñada ou álbums ilustrados), e ademais olla para todo o que as rodea (imprentas, editoras, librarías), promove (bibliotecas, centros culturais) e inspira (lugares de tertulia e encontro, espazos históricos, etc.).

Versión en liña: ir.gl/mapaliterariopontevedra