En agosto de 2015 foi adxudicado á UTE conformada por Feitoría Verde, S. Coop. Galega e MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega o contrato para realizar un proxecto precioso na Reserva Da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e que nos motivou moitísimo! A licitación denominouse:

Servizo para o estudo, análise, diagnostico, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural material e inmaterial da reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo FEDER Galicia 2007-2013

O proxecto iniciouse o 27 de agosto de 2015 e durou até o 27 de marzo de 2016. [Aquí están os detalles da licitación].

Páxinas do proxecto:  Páxina de Facebook  | Conta no Twitter  ||  Presenza nos medios.

Imaxe das xornadas organizadas o 5 e 6 de marzo de 2016:

cartel xornadas