Desde o mes de outubro de 2017 MAOS vén realizando diversas actividades no Concello de Teo para axudar á obtención do selo ‘Cidades Amigas da Infancia’ da UNICEF. Os labores de MAOS céntranse en dous aspectos fundamentais:

  • Na formación, mediante a realización de obradoiros sobre participación e informativos tanto para alumnado como profesorado dos colexios e para o alumnado do instituto, nas ANPAs e en asociacións.
  • No asesoramento, participando no deseño global da iniciativa, na elaboración da documentación precisa para a solicitude do selo (regulamento do CLIA e do FoPIA, memoria de actividades, diagnose participativa, plan de infancia) e coa asistencia ás primeiras reunións das mesas de coordinación interna e externa, do Consello Local de Infancia e Adolescencia (CLIA) e do  FoPIA (Foro de Participación da Infancia e da Adolescencia).