En MAOS comezamos en outubro de 2017 un proxecto de comunicación coa mocidade para o Concello de Teo. Entre as diversas accións que inclúe está un concurso de fotografía con dispositivos móbiles, #OMeuTeo, que no ano 2018 terá a súa segunda edición. No concurso poden participar todas as persoas de entre 12 a 25 anos cun máximo de 3 fotografías por persoa, na primeira edición sobre os seus recunchos favoritos do Concello de Teo e na segunda sobre a Feira do San Martiño de Francos.

Máis información no Instagram de MocidadeDeTeo.