MAOS Innovación Social somos unha cooperativa de traballo asociado. A nosa actividade desenvólvese principalmente na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.

 

O noso cometido pasa por contribuír a que o patrimonio sexa considerado como ben que repercute na creación de riqueza, tanto económica como social, dunha comunidade.  As nosas accións diríxense a conseguir que a sociedade galega entenda o seu patrimonio e a súa cultura como partes de si mesma, que os valore, os respecte e contribúa á súa conservación e transmisión. Para este fin, MAOS deseña, coordina e executa proxectos propios ou doutras entidades que se adecúen aos seus obxectivos.

Todas as actividades desenvolvidas pola cooperativa pénsanse e realízanse atendendo sempre a criterios de calidade, innovación e profesionalidade.

A nosa estratexia enmárcase no fortalecemento dunha estrutura organizativa horizontal que nos permita estabelecer relacións laborais e humanas estábeis e sustentábeis para o desenvolvemento integral dos proxectos. A partir desta premisa consideramos que a participación da comunidade e as parzarías con empresas e organizacións de intereses afíns son elementos fundamentais para o noso éxito persoal e empresarial.

Consulta aquí a nosa cronoloxía.

Podes encontrarnos tamén en Twitter, Facebook, Linkedin, YouTube e Instagram e no Catálogo de Empresas de Economía Social de Compostela. Somos tamén unha #GALEGOEMPRESA.

Formamos parte de:       

   logo_GranxadeServizos   logo_eticom_cat

     

Equipa

A nosa equipa base está formada por:

  • María é filóloga reconvertida polo interese no patrimonio e na antropoloxía. | Coñécea: Linkedin | Envíalle un correo ou chámaa ao 694401505.
  • Óscar é multiplataforma e multimodal, como a súa licenciatura en Ciencias Sociais. | Coñéceo: Linkedin | Envíalle un correo ou chámao ao 694474166 ().