Servizos

MaOs ordena os seus servizos en tres bloques principais, sendo que todos eles poden compor un proxecto en si ou formar parte dun proxecto maior:

 Etnografía

Desenvolvemos proxectos relacionados co patrimonio inmaterial e a memoria (historias e relatos de vida, memoria dos espazos, recollida e posta en valor do PCI, etc), para o cal adaptamos a metodoloxía etnográfica ás necesidades específicas de cada proxecto.

Exemplos de traballos desenvolvidos: A Memoria das Mulleres / Salvagarda da historia das mulleres de Arzúa / Inventariado e posta en valor do patrimonio da RBTGX / Colaboración no “Café da memoria: Gandeiras” do Museo do Pobo Galego.

 Xestión cultural

Ideamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos nos ámbitos cultural, social e patrimonial, ademais de realizar rutas, estudos e investigacións relacionados con eses ámbitos.

Exemplos de traballos desenvolvidos: RuralActivo / Feiras ComeOurense / Xornadas “Comercio local e consumo responsable” / Paseo-recital de homenaxe a Manuel María no Día das Letras Galegas / Colaboración no “Mes da cultura arraiana” / Arrolos de Rianxo / Paseos literarios e culturais.

Comunicación e produción de contidos

Xestionamos a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas (elaboración de plans de comunicación, xestión de redes sociais, etc.). Tamén elaboramos e difundimos materiais didácticos, exposicións e publicacións, actividades para as que deseñamos o noso propio material gráfico. Por outro lado, como parte do noso compromiso coa lingua galega, contribuímos á divulgación de contidos non accesibles en galego a través dun servizo de tradución e corrección.

Exemplos de traballos desenvolvidos: Exposición polo centenario das Irmandades de Fala / Creación e posta en marcha das redes sociais e da web de Encomún Proxectos, S. Coop. Galega / Revista MaOs / Proxecto Batefogo / Projeto Telefonemas / Páxina ‘Adopta Rianxo’ / Colaboración cos cursos aPorto.