O día 8 de xuño ás 19:30h, dentro da programación da SELIC (Semana do Libro de Compostela), MAOS guiará novamente o roteiro ‘Scórpio, de Carvalho Calero en Compostela’. Este paseo rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través do seu romance ‘Scórpio’ (1987) percorrendo espazos da cidade relacionados tanto co autor como coa obra e o seu tempo.

Saída ás 19:30h da casa do escritor, na Carreira do Conde, 4, e finalización na R/Fonte de San Miguel. Duración aproximada: 1 hora e 30 minutos.

Podes inscribirte* no correo paseos.compostela@maos.gal ou por Whatsapp/Telegram/SMS no teléfono 694474166 (9h a 14h, luns a venres). Indícanos o teu nome, correo electrónico e número de prazas.
* As 50 primeiras inscricións disporán de radioguía para facilitar a audición.

Programación da SELIC 208: http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1527252819SELIC_Prensa.pdf

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *