Ao longo do mes de maio de 2019 guiaremos, por iniciativa do Concello de Santiago, un paseo dedicado á vida e a obra de Antonio Fraguas, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, e á súa relación coa cidade de Compostela.

O roteiro, co nome Antonio Fraguas e a Compostela Insólita, foi creado por MAOS para a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago.

Realizaremos 6 sesións do paseo: os días 10 (19h), 11 (18h), 12 (18h), 16 (19h), 17 (17h) e 18 de maio (18h).

AVISO! É preciso inscribirse! Para facelo só debes enviar un correo a paseos.compostela@maos.gal, indicando o teu nome, correo electrónico, o día que queres asistir e o número de prazas que queres reservar. As 40 primeiras inscricións de cada sesión disporán dunha radioguía para facilitar a audición.

  • Lugar de saída: escadas de entrada ao Museo do Pobo Galego.
  • Duración aproximada: 1 hora e media.
  • Máximo de 40 persoas por sesión.

Aquí podes ver o mapa coas paradas que realizaremos: https://i.gal/RoteiroAFraguas

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *