Inauguramos novo deseño web e para celebralo lanzamos dúas novas páxinas na sección recursos:

En ambas listas de recursos en liña encontrarás ligazóns a dicionarios, dicionarios bilingües/multilingües, vocabularios e glosarios, aplicacións de corrección e tradución, Aplicacións para móbiles, recursos didácticos e consultas, normas e gramáticas, fraseoloxía e refráns, corpus, toponimia, nomes e apelidos e outros.

Non están todos os recursos, só aqueles que encontramos de máis utilidade. Isto aplícase sobre todo á lista de recursos para as normativas do galego-português, xa que incluír todas os recursos implicaría unha lista demasiado extensa e pouco práctica, así que seleccionamos preferentemente aqueles recursos que teñen en conta a variedade galega do português en maior ou menor medida. Tamén con esa intención de non facela aínda máis extensa, na lista de recursos para o galego ILG-RAG resumimos a lista de vocabularios e ofrecemos o acceso a outras webs listas máis detalladas.

No mundo da internet todo muda moi rápido, caso encontrares algún erro nas listas de recursos ou tiveres algunha suxestión ou opinión, agradeceriamos que nolo contases enviando un email a maos@maos.gal

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *