Ola de novo! Neste e nos artigos a seguir gostaríamos de vos presentar MaOs e os seus fundamentos, inquedanzas e prioridades. Para iso nada mellor que comezar vendo, por riba, o tipo de iniciativa que queremos ser.

Ao longo do proceso de xestación de MaOs, no cal aínda estamos inmersas, decatámonos de que non era preciso darlle moitas voltas, sabemos o que queremos: unha empresa totalmente horizontal na tomada de decisións, igualitaria, onde traballemos no que gostamos de forma que nos sintamos libres, onde o primeiro sexamos nós e non o ‘produto’, non queremos medrar, queremos partillar, estabelecer parcerías, o importante é a colaboración e non a concorrencia, que os nosos traballos e esforzos orixinen beneficios para a sociedade…

Tíñamos claro que non seríamos nin de lonxe as primeiras en pensar así, mais tampouco nos resultou doado encontrar exemplos achegados que nos orientaran. Por sorte existen iniciativas a nivel galego mui interesantes e de filosofía semellante, como, por exemplo, as cooperativas Hábitat Social e Trespés ou Feitoría Verde e sen esquecermos outras experiencias de fóra como Colaborabora ou Platoniq.

A un nivel máis teórico encontrámonos co concepto bens comúns ou co castelán procomún, que ven sendo un modelo de réxime ou xestión comunitaria dos bens comunais (o commons inglés) e o seu derivado “empresas do procomún“, co cal nos sentimos mui identificadas. A nivel máis práctico e galego non podemos esquecer o exemplo das mancomunidades de montes.

 

Vídeo sobre o commons:

queremos-ser

Vídeos sobre os bens comuns:

2 thoughts on “Que queremos ser?

  • Sergio

    esto ten moi boa pinta…ánimos desde Ferrol !!

    Responder

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *