Blog

Proxección de ‘Food Coop’

As cooperativas Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca, Panxea e MaOs Innovación Social e o Pic Proxecto Integral Compostela promovemos a proxección do documentario Food Coop La Película. Animádesvos?

En plena crise económica, á sombra de Wall Street, a cooperativa de alimentación Food Coop, supermercado no que 16.000 persoas socias traballan 3 horas ao mes para teren dereito a comprar a mellor comida na cidade de Nova York ao prezo máis barato posíbel, está en auxe. E na Galiza, sería viábel algo semellante?

Axúdasnos a proxectalo en Compostela o 21 de abril ás 12h no NUMAX? Só tes que reservar a túa entrada por adiantado en: https://screen.ly/evento/487/food-coop-numax/

Necesitamos un mínimo de compra de 39 entradas para que o evento se realice, o importe só se cobra se conseguimos o mínimo e se realiza a proxección.

“E se o grande tamén é fermoso?, E se montar supermercados cooperativos fose unha parte da solución?, Somos capaces de identificar as bondades dos supermercados e traducilas ás lóxicas e valores da economía solidaria?”

Artigo en Opcións sobre Food Coop: http://opcions.org/es/opinion/supermercados-cooperativos/