Blog

Presentación, mostra e recollida de Arrolos de Rianxo

O vindeiro mércores día 2 de novembro ás 19h no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo organizamos un acto de presentación, mostra e recollida de Arrolos de Rianxo.

Neste encontro presentaremos o proxecto, mostraremos o traballo realizado até o momento e algúns dos arrolos recollidos. Ao mesmo tempo incitarémosvos a colaborar na procura de novos arrolos.

O proxecto Arrolos de Rianxo está promovido pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade. A misión desta iniciativa é recoller arrolos no concello de Rianxo co obxectivo de fomentar o seu uso e favorecer así un sono amigable para as nosas crianzas. Se non podes asistir e queres colaborar podes facelo enviando os arrolos que coñezas: en vídeo, en audio ou só a letra, como prefiras. Podes facelo enviándoos a arrolosderianxo@maos.gal ou por Whatsapp ao 694474166.

Os arrolos, tamén chamados cantigas de berce, cancións de anainar ou nanas, transmiten serenidade ás crianzas e favorecen o sono, ao tempo que contribúen ao establecemento dun vínculo afectivo extraordinario entre as persoas adultas e as crianzas. Máis información: http://apego.gal/arrolos-recitados-e-xogos/