Proxecto Batefogo

Desde MAOS embarcámonos no ano 2015 con ilusión na aventura Batefogo coas nosas amigas Feitoría Verde, En Común e Miguel Pardellas: o Proxecto Batefogo, “prevención de lumes forestais a través da intervención social”. Para este proxecto realizamos sobre todo tarefas de comunicación e deseño (a estética creouna a que foi a nosa compañeira, Xiana Iglesias). Deuse un primeiro paso no Concello de Manzaneda e despois o proxecto foi gañando novos espazos.

MAOS mantivo a vinculación co proxecto até o ano 2017 en que decidimos centrarnos en novos traballos. Iso si, todo o noso apoio para as nosas amigas que seguen a realizar un traballo marabilloso e altamente necesario.

Blog do Proxecto Batefogo

O Batefogo é un proxecto de intervención social que propón compaxinar de forma eficaz a prevención dos lumes coa dinamización económica e social do medio rural.2