Arrolos de Rianxo

Concello de Rianxo
2016-2017

Ao longo dos anos 2016 e 2017 realizmos o proxecto Arrolos de Rianxo, promovido pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade e que ten como misión recoller arrolos no Concello de Rianxo co obxectivo de fomentar o seu uso e favorecer así un sono amigable para as nosas crianzas. Fagamos que vaian para a cama felices!

O proxecto dispón dunha páxina de Facebook e unha conta de Twitter que quixeron ser unha ferramenta máis para a recollida de arrolos.  Non só se quixeron mostrar os arrolos que se foran recollendo, tamén funcionaron para recibir novos arrolos: en vídeo, en audio ou só a letra.

Os arrolos, tamén chamados cantigas de berce, cancións de anainar ou nanas, transmiten serenidade ás crianzas e favorecen o sono, ao tempo que contribúen ao establecemento dun vínculo afectivo extraordinario entre as persoas adultas e as crianzas. Máis información: http://apego.gal/arrolos-recitados-e-xogos/

Lista de reprodución con algúns arrolos recollidos no Concello de Rianxo: