MAOS participamos desde finais do ano 2013 no proxecto A memoria das mulleres do Concello de Pontevedra, realizando traballo de campo.

O proxecto “nace coa finalidade de construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.“. A súa misión é:

  • Contribuír ao coñecemento e difusión da historia das mulleres no ámbito territorial do concello de Pontevedra.
  • Elaborar un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a materia.
  • Elaborar unha enciclopedia virtual sobre as vidas das mulleres do concello ao longo dos tempos.
  • Promover a participación dos centros educativos no estudo e divulgación sobre as mulleres na historia de Pontevedra.
  • Colaborar con todos os axentes sociais que traballan neste eido.
  • Empregar as tecnoloxías da comunicación para divulgar os materiais e recursos disponíbeis.

No ano 2018 MAOS creou a web do programa: DoGrisAoVioleta.gal, na cal se quere recoller boa parte do traballo realizado e socializalo de forma accesible e ordenada segundo os tres eixos temáticos básicos do programa: Traballadoras, Represaliadas e resistentes e Creadoras e pioneiras

Entrevista a MAOS no Diario de Pontevedra sobre a Memoria das Mulleres (05/04/2015):

Dentro deste programa, publicouse un libro, “Do Gris ao Violeta”, no cal participou activamente MAOS, sobre todo mediante a publicación dun artigo feito pola nosa compañeira María: “Traballadoras. Termando da terra, do ceo e do mar.”

1025774_884725301648725_2036522826949065395_o

Máis información: Descarga do libro | Facebook d’A memoria das mulleres | Presenza nos medios