En MaOs deseñamos dous paseos por encarga da Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago que guiaremos durante o verán. Un dos paseos é sobre as Irmandades da Fala en Compostela e o outro é sobre a Compostela literaria e que chamamos Compostela (d)escrita.

  • Paseo sobre as Irmandades da Fala en Compostela. Seguiremos as pegadas das Irmandades da Fala en Compostela, para coñecer aos seus e súas principais protagonistas así como ter unha visión xeral do que foi e supuxo este movemento. O paseo partirá do antigo quiosco da Alameda de Compostela e percorrerá rúas da zona vella que coñecemos e transitamos acotío. O punto de encontro é o quiosco da Alameda, no cal se encontra parte da exposición das Irmandades da Fala (podes visitala aquí). Este paseo realizarémolo tres veces, dúas pola tarde e unha en horario nocturno:
    • Mércores 27 de xullo, ás 19:30h.
    • Mércores 17 de agosto, ás 22h.
    • Mércores 31 de agosto, ás 19:30h.
  • Compostela (d)escrita. Paseo pola Compostela literaria. Porase o foco na relación entre literatura e universidade desde “A Casa da Troia” até finais do século XX. O paseo quere ser un conxunto de pistas que nos axuden a entrever novos recunchos posíbeis do mapa literario da cidade. O punto de encontro é a Praza de Mazarelos, ao lado da estatua. O paseo nocturno diferenciarase dos de tarde en dúas das paradas: anímate a repetir! Este paseo realizarémolo tres veces, dúas pola tarde e unha en horario nocturno:
    • Mércores 10 de agosto, ás 22h.
    • Mércores 24 de agosto, ás 19:30h.
    • Mércores 7 de setembro, ás 19:30h.

É preciso inscribirse! Podes facelo enviando un correo electrónico a roteiros@maos.gal indicando que día queres asistir. Hai un máximo de 30 inscricións por paseo.

Actividades gratuítas organizadas pola Concellaría de Acción Cultural de Concello de Santiago e incluída na programación de Verán en Verde. Todas as actividades aquí.

One thought to “Paseos de verán por Compostela”

  • Mercedes alonso

    Duas persoas para o paseo do 17 de agosto as 22h.: Paseo sobre as irmandades da fala en compostela

    Responder

Deixar unha resposta