Os días 16, 17 e 18 de maio realizaremos o paseo gratuíto ‘O Día das Letras Galegas e Compostela‘ para a Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago.

O paseo consiste nun repaso global á historia e ás persoas homenaxeadas do Días das Letras Galegas desde o seu primeiro ano (1963) até hoxe. Prestamos especial atención a aquelas persoas homenaxeadas que teñan relación con Santiago, ao mesmo tempo que se citan obras tamén relacionadas coa cidade. O percorrido conta con 9 paradas, en cada unha delas fálase dalgunhas das 56 persoas homenaxeadas ordenándoas por etapas ou xeracións da nosa historia literaria.

  • Os días 16 e 18 de maio o paseo comezará ás 20h e terá unha duración dunha hora e media.
  • O paseo do día 17 comezará ás 19h e a duración será lixeiramente maior xa que contará cun mini recital da man de Celia Parra e unha actuación de peche de Alba María.

Podes inscribirte no correo paseos.compostela@maos.gal ou por Whatsapp/Telegram no teléfono 694474166 (atendemos de 9h a 14h luns a venres). Indícanos o teu nome, correo electrónico, número de prazas e día que desexas/desexades asistir.
* As 50 primeiras inscricións disporán de radioguía para facilitar a audición.

Nova na web do Concello: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=17351

Programa completo de actividades do Concello de Santiago do mes de maio: [PDF]

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *