Ao longo da semana do 17 de maio estamos a realizar o paseo ‘Carlos Casares en Compostela‘ para o Concello de Santiago. Desde MaOs encargámonos tanto do deseño do paseo como de guialo en seis ocasións.

Carlos Casares, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas neste 2017, tivo unha relación intensa con Compostela desde a súa chegada á cidade en 1962. É nesa relación coa cidade onde pomos o foco ao longo do paseo, ao mesmo tempo que se tenta dar unha perspectiva xeral sobre a súa persoa e sobre a súa obra.

Nova en ‘La Voz de Galicia‘ | Vídeo na TVG | Nova en Compostela Cultura

Deixar unha resposta