Hoxe temos o pracer de dar comezo a un novo proxecto: Mapa Literario de Pontevedra, que realizamos por iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello De Pontevedra.

Será un mapa, tanto en versión dixital como en papel, que nos vincule á cidade e ao resto do concello desde novas perspectivas e que olle para autores/as e para obras que falan dela ou nela transcorren (non só novelas e poesía, senón tamén banda deseñada ou álbums ilustrados), e ademais olle para todo o que as rodea (imprentas, editoras, librarías), promove (bibliotecas, centros culturais) e inspira (lugares de tertulia e encontro, espazos históricos, etc.).

Seguiremos informando! Viva a #PontevedraLiteraria!

Deixar unha resposta