No mes de setembro comezamos o proxecto Arrolos de Rianxo, promovido pola Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade e  queten como misión recoller arrolos no concello de Rianxo co obxectivo de fomentar o seu uso e favorecer así un sono amigable para as nosas crianzas. Fagamos que vaian para a cama felices!

O proxecto dispón dunha páxina de Facebook e unha conta de Twitter que quere ser unha ferramenta máis para a recollida de arrolos.  Non só se queren mostrar os arrolos que se vaian recollendo, encantaríanos que vós nos fósedes enviando todos os arrolos que coñezades: en vídeo, en audio ou só a letra, como prefiras. Non coñeces ningún arrolo? Animámoste aínda máis a que preguntes ao teu redor, has levar máis dunha sorpresa! Que non lembras a melodía? Tanto ten, envíanos a letra e seguro que alguén lembra como era! Que inventaches un arrolo? Mui benvindo sexa!

Como enviárnolos? Podes facelo enviándonolos nunha mensaxe na páxina de Facebook, enviándonolos ao correo electrónico arrolosderianxo@maos.gal ou por Whatsapp ao número 694 47 41 66 (se o que queres é falar connosco podes chamar ao 693 80 31 51).

Os arrolos, tamén chamados cantigas de berce, cancións de anainar ou nanas, transmiten serenidade ás crianzas e favorecen o sono, ao tempo que contribúen ao establecemento dun vínculo afectivo extraordinario entre as persoas adultas e as crianzas. Máis información: http://apego.gal/arrolos-recitados-e-xogos/

Deixar unha resposta