Novidades da Granxa de Servizos: o Alcouve e os cursos

A asociación Granxa de Servizos, da cal formamos parte, presenta varias novidades neste inicio do curso 2015-16:

  • Pomos a andar o Alcouve | Laboratorio de Ideas e Proxectos de Dinamización do Rural, plataforma construída por un grupo de persoas e cooperativas da asociación que desde hai varios anos traballamos colaborativamente na posta en marcha de distintos proxectos de carácter social e ambiental. Temos algunhas propostas-sementes e agora temos tamén un alcouve-laboratorio, un espazo de confluencia onde ideas e proxectos poidan contribuír á dinamización do medio rural, compartindo proxectos, recursos e experiencias. De seguro que haberá unha boa colleita!
  • Lanzouse unha oferta de cursos impartidos por persoas e empresas asociadas. Os cursos son de temáticas e formatos diversos e son unha mostra da rica variedade en temas e intereses que se poden encontrar na nosa asociación. Están orientados para todo tipo de persoas, empresas e entidades que os soliciten.

Leave a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *