MAOS forma parte da iniciativa Ben Mercado, espazo de venda en liña para os produtos e servizos da economía social galega. Esta web foi impulsada en 2017 por un grupo de cooperativas e sociedades laborais formado por Milhulloa, Numax, MAOS, Rayados, Dehistoria e Cidadanía, que obtivemos xuntas unha axuda pública para darlle forma. 

Ten o apoio de Espazocoop, de AESGAL e, máis recentemente, de Reas Galiza, todas elas entidades asociativas cun papel central na promoción da economía social galega. Para o desenvolvemento dos traballos conta cun equipo de cooperativas onde están Itaca Software Libre, O Cable Inglés, Xedega e Cidadanía.

Hoxe está activa a plataforma de venda en liña www.benmercado.gal e xa sumou, ademais das socias iniciais, outras 19 entidades: Terras da Mariña, Strelia Electrotecnia, Simbiosis, Rexenerando, Monte Cabalar, Gaia dos nenos, Cousas da Terra, Anaco, Cestola na Cachola, Catro Ventos, Ardora, Amarelante, Asociación As Espigadoras, moda ética Le Chanelas.

Aínda que xa está en funcionamento, o lanzamento oficial será en novembro e antes poderás estará presente na Mostra do Posible, que se realizará en Cangas o 6 e 7 de outubro (Máis info https://mostradoposible.gal/wp-content/uploads/2018/08/dosier-final12-web.pdf ).

.

Deixar unha resposta