Blog

De conversa coas costureiras de Lérez

O xoves 26 de xuño coorganizamos con Comba Campoy un encontro/conversa coas costureiras de Lérez dentro do progama de A memoria das mulleres do Concello de Pontevedra. Ao redor dunha merenda, as traballadoras dos fíos da parroquia de Lérez traerannos a memoria do seu oficio: a aprendizaxe nos talleres, a costura polas casas e nos fogares, os refráns, así como os cambios na moda e nas mentalidades. Será ás 20h na Casa da Cultura de Lérez. Anímate!