Lanzamento da web DoGrisAoVioleta.gal

Cinco anos despois do inicio do programa A Memoria das Mulleres, o Concello de Pontevedra decidiu dar un paso máis e crear a web DoGrisAoVioleta.gal, na cal se quere recoller boa parte do traballo realizado e socializalo de forma accesible e ordenada segundo os tres eixos temáticos básicos do programa: Traballadoras, Represaliadas e resistentes e […]

Read more
Teo é Cidade Amiga da Infancia

O Concello de Teo recibiu o recoñecemento Cidade Amiga da Infancia outorgada pola Unicef! Grande traballo o desenvolvido desde o concello e aínda maior e máis valioso o levado a cabo pola rapazada que participa no Foro de Participación da Infancia e a Adolescencia (FoPIA) e no Consello Local da Infancia e a Adolescencia (CLIA). […]

Read more
MAOS no Festival Rosalía 2018

Por segundo ano consecutivo MAOS participa no Festival Rosalía organizado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Santiago. O noso labor consiste no deseño da estética (a SúperRosalía é obra da nosa compañeira Xiana Iglesias) e en diferentes tarefas de comunicación. A edición de 2018 contará cunha feira de […]

Read more
SELIC: Roteiro ‘Scórpio, de Carvalho Calero en Compostela’

O día 8 de xuño ás 19:30h, dentro da programación da SELIC (Semana do Libro de Compostela), MAOS guiará novamente o roteiro ‘Scórpio, de Carvalho Calero en Compostela’. Este paseo rende homenaxe a Ricardo Carvalho Calero a través do seu romance ‘Scórpio’ (1987) percorrendo espazos da cidade relacionados tanto co autor como coa obra e […]

Read more
Primeira reunión do Consello Local da Infancia e a Adolescencia de Teo

O pasado 23 de febreiro realizouse a primeira reunión do Consello Local da Infancia e a Adolescencia do Concello de Teo. Este encontro enmárcase nas accións desenvolvidas polo Concello de Teo para a obtención do selo ‘Cidades Amigas da Infancia’ da UNICEF e na vontade de mellorar as condicións das persoas menores de idade de Teo. […]

Read more
Este nadal, imos de paseo! “O nadal en Compostela” e “Scórpio, de Carvalho Calero, en Compostela”

Este nadal en MaOs estamos de… paseo!! Organizamos para o Concello de Santiago os paseos: “O nadal en Compostela” e “Scórpio de Carvalho Calero, en Compostela”. Anímaste? Son gratuítos e podes inscribirte no correo paseos.compostela@maos.gal Aquí podes ver o programa completo do concello [Aviso: no programa anterior aparecía que o día 22 había un paseo, […]

Read more
Café da memoria: traballar en casa allea

O xoves 30 de novembro ás 18h30 o Museo do Pobo Galego organiza un novo Café da memoria, desta vez sobre as mulleres que foron traballar en casa allea. Será unha conversa con Arsenia Suárez Nieto, Manuela Viqueira Turnes, Esther Iglesias Gil e Carmela Casal Ruibal. MaOs participou contactando e entrevistando as participantes no café […]

Read more