De conversa coas traballadoras da Pontesa

Durante case catro décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica de Alfares A Pontesa, en Ponte Sampaio, unha das máis modernas e avanzadas nos seus comezos e protagonista de protestas laborais nos últimos anos. Desde crear as pezas de cerámica até decoralas, vernizalas ou empaquetalas, mozos e […]

Read more
Patrimonio e participación

Son moitas as iniciativas que están a traballar no ámbito do patrimonio en Galiza e moitas as que buscan novas formas de comunicación coa poboación á procura dunha maior conxunción entre o patrimonio e as persoas que o habitan ou gozan. A poboación e a participación convértense no eixo central destas iniciativas e á investigación […]

Read more
Recursos lingüísticos online para o galego

Inauguramos novo deseño web e para celebralo lanzamos dúas novas páxinas na sección recursos: Recursos para o galego ILG-RAG. Compilación de recursos lingüísticos dispoñíbeis en liña para traballar co galego normativo oficial. Recursos para o galego-português. Compilação de recursos linguísticos disponíveis on line para trabalhar com o galego nas suas normativas padrão internacional ou AGAL. […]

Read more
As festas do verán tamén son patrimonio

Aínda queda verán por diante e festas estivais por celebrar e descubrir. Para todas as que teñades suficiente de festexos gastronómicos, presentámosvos una mini-lista de festas cun pouso patrimonial e etnográfico que están por chegar. Collede axenda e mapa! O agro galego rexeuse durante moitos anos pola forza do traballo comunitario. A malla foi unha […]

Read more
7 músicas portuguesas para gustos diversos e dispersos

Agora que chega o verán, queremos agasallarvos desde MaOs cunha lista fresca de música que se está a facer en Portugal. Non segue unha orde xerárquica nin pretende ser exhaustiva, só amosar algunhas propostas interesantes para que cadaquén escolla a que máis lle guste ou mesmo se anime a ir aos festivais que están por […]

Read more
(coñece) OutroPorto

Este verán queres (re)visitar o Porto? Nesta lista (incompleta, talvez inxusta e moi subxectiva) dámosche 10 pistas e espazos que non sempre entran nas guías…. A Casa da Horta é unha asociación cultural onde dan comida vexetariana, hai unha pequena tenda con produtos ecolóxicos, unha minibiblioteca, organizan concertos, oficinas (obradoiros), exposicións, etc. É só para persoas socias, […]

Read more
De conversa coas costureiras de Lérez

O xoves 26 de xuño coorganizamos con Comba Campoy un encontro/conversa coas costureiras de Lérez dentro do progama de A memoria das mulleres do Concello de Pontevedra. Ao redor dunha merenda, as traballadoras dos fíos da parroquia de Lérez traerannos a memoria do seu oficio: a aprendizaxe nos talleres, a costura polas casas e nos fogares, os refráns, […]

Read more
Novo recurso: Mapa de mercados ecolóxicos

MaOs creou un novo recurso libre: o Mapa de Mercados Ecolóxicos de Galiza. Compilamos nel os mercados e feiras onde se venden produtos ecolóxicos de forma maioritaria ou onde teñen presenza destacada. Apenas recollemos aquelas iniciativas que se repitan no tempo, sexa cal for a súa temporalización (hainos semanais, quincenais, mensuais, estacionais e anuais). Oxalá […]

Read more
Nace MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega

En MaOs decidíramos xa no ano pasado convertérmonos en cooperativa de traballo asociado, é agora que damos os primeiros pasos: Temos nome, MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega e estatutos. Estas semanas seguiremos a darlle forma ao noso proxecto, elaborando o regulamento de réxime interno, refacendo o plan de empresa, etc. O labor non é pouco mais tamén é ilusionante! […]

Read more