7 músicas portuguesas para gustos diversos e dispersos

Agora que chega o verán, queremos agasallarvos desde MaOs cunha lista fresca de música que se está a facer en Portugal. Non segue unha orde xerárquica nin pretende ser exhaustiva, só amosar algunhas propostas interesantes para que cadaquén escolla a que máis lle guste ou mesmo se anime a ir aos festivais que están por […]

Read more
(coñece) OutroPorto

Este verán queres (re)visitar o Porto? Nesta lista (incompleta, talvez inxusta e moi subxectiva) dámosche 10 pistas e espazos que non sempre entran nas guías…. A Casa da Horta é unha asociación cultural onde dan comida vexetariana, hai unha pequena tenda con produtos ecolóxicos, unha minibiblioteca, organizan concertos, oficinas (obradoiros), exposicións, etc. É só para persoas socias, […]

Read more
De conversa coas costureiras de Lérez

O xoves 26 de xuño coorganizamos con Comba Campoy un encontro/conversa coas costureiras de Lérez dentro do progama de A memoria das mulleres do Concello de Pontevedra. Ao redor dunha merenda, as traballadoras dos fíos da parroquia de Lérez traerannos a memoria do seu oficio: a aprendizaxe nos talleres, a costura polas casas e nos fogares, os refráns, […]

Read more
Novo recurso: Mapa de mercados ecolóxicos

MaOs creou un novo recurso libre: o Mapa de Mercados Ecolóxicos de Galiza. Compilamos nel os mercados e feiras onde se venden produtos ecolóxicos de forma maioritaria ou onde teñen presenza destacada. Apenas recollemos aquelas iniciativas que se repitan no tempo, sexa cal for a súa temporalización (hainos semanais, quincenais, mensuais, estacionais e anuais). Oxalá […]

Read more
Nace MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega

En MaOs decidíramos xa no ano pasado convertérmonos en cooperativa de traballo asociado, é agora que damos os primeiros pasos: Temos nome, MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega e estatutos. Estas semanas seguiremos a darlle forma ao noso proxecto, elaborando o regulamento de réxime interno, refacendo o plan de empresa, etc. O labor non é pouco mais tamén é ilusionante! […]

Read more
Traducimos ‘The Business Model Canvas’ para galego e portugués

Desde MaOs témosvos un pequeno presente para este ano 2014! Traducimos para galego e para portugués un documento para facer modelos de negocio, o ‘The Business Model Canvas’ da web  http://www.businessmodelgeneration.com/ Podes descargar nas ligazóns a seguir as traducións en galego e portugués:  Galego | Português Se encontras erros, non dubides en nolos comunicar! O orixinal […]

Read more
Entrevista a MaOs

As amigas de Niquelarte (www.niquelarte.org) publican no seu blogue do Praza Pública unha entrevista que nos fixeron a MaOs e a Feitoria Verde Soc. Coop. Gal. sobre o proxecto RuralActivo. Programa de dinamización socioeconómica de Xeve (no concello de Pontevedra). Podedes ler a entrevista completa nesta ligazón:  http://niquelarte.prazapublica.com/post/54662973906/maos-e-feitoria-verde

Read more
Proxecto Ruralactivo

Ao longo do ano 2013 MaOs está desenvolver conxuntamente coa empresa Feitoría Verde S.Coop.Gal. o proxecto Ruralactivo. Programa de dinamización socioeconómica de Xeve, programa promovido polo Concello de Pontevedra para a dinamización socioeconómica das parroquias de Santa María de Xeve, Santo André de Xeve e Verducido destinado principalmente ás mulleres e á xuventude. Aqui tendes a ficha do proxecto na nosa web: http://maos.gal/experiencias-e-iniciativas/ruralactivo/ […]

Read more
A economía do común

Hoxe queríamos partillar convosco máis material sobre o común (ou “commons”, ou “ben común”, ou “procomún”…). Neste caso sobre a economía do común, entendida como modelo alternativo ao capitalismo. Para introducirnos no tema nada mellor que un dos seus promotores, Christian Felber, neste curto e moi didáctico vídeo: Na web ‘Economía del bien común‘  podemos encontrar […]

Read more