Paseo ‘Carlos Casares en Compostela’

Ao longo da semana do 17 de maio estamos a realizar o paseo ‘Carlos Casares en Compostela‘ para o Concello de Santiago. Desde MaOs encargámonos tanto do deseño do paseo como de guialo en seis ocasións. Carlos Casares, a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas neste 2017, tivo unha relación intensa con […]

Read more
Albaroque da nova oficina: 13 de xaneiro!

Convidamos-vos à chocolatada de inauguraçom do espaço de trabalho partilhado por Illa Bufarda, Brais González, Anxo Quiroga e MaOs Innovación Social. Que nos queres dar umha prenda? Trai umha planta! **Sexta-feira/venres 13 de janeiro de 18 a 20h na rua Tominho 24.**

Read more
Café da memoria: Gandeiras

O xoves 17 de novembro ás 18h30 o Museo do Pobo Galego organiza unha conversa con Pilar Camba Cardil, Marina Rei e Pilar Guimarei, gandeiras, e que será moderado por Lara Barros. MaOs participou contactando e entrevistando as gandeiras ademais de realizando o guión do encontro.  

Read more
Presentación, mostra e recollida de Arrolos de Rianxo

O vindeiro mércores día 2 de novembro ás 19h no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo organizamos un acto de presentación, mostra e recollida de Arrolos de Rianxo. Neste encontro presentaremos o proxecto, mostraremos o traballo realizado até o momento e algúns dos arrolos recollidos. Ao mesmo tempo incitarémosvos a colaborar na procura de […]

Read more
Xornadas na Coruña por unha #NovaCulturaDoConsumo

Os días 9, 14 e 15 de marzo realizaremos, en colaboración Opcions e MaOs Innovación Social, unhas Xornadas sobre comercio local e consumo responsable para a Concellaría de Economía Social e Emprego do Concello da Coruña. O obxectivo destas xornadas é promover a reflexión sobre o modelo de consumo actual e as alternativas existentes. Anímaste? Comezamos o día […]

Read more
Homenaxe ás queixeiras

O sábado 21 de febreiro, con motivo da 40ª Festa do Queixo de Arzúa coordinamos un encontro público coa participación de mulleres de diferentes xeracións con experiencia na elaboración de queixo. Por medio das súas narracións persoais e da súa experiencia, coñecemos mellor a vida das queixeiras de Arzúa de onte e de hoxe. Falamos con elas sobre a elaboración […]

Read more
De conversa coas traballadoras da Pontesa

Durante case catro décadas moitas mulleres da área de Pontevedra concentraron a súa forza de traballo na fábrica de Alfares A Pontesa, en Ponte Sampaio, unha das máis modernas e avanzadas nos seus comezos e protagonista de protestas laborais nos últimos anos. Desde crear as pezas de cerámica até decoralas, vernizalas ou empaquetalas, mozos e […]

Read more