A xeografía galega dispón de recunchos case sempre invisíbeis, navegados por barcos de pedra, delatados polas súas badaladas, que nos aproximan do Alén e nos irmanan cos outros países celtas. Son as cidades asolagadas tan presentes na nosa mitoloxía. Desde MAOS construímos este mapa coa vontade de axudar a divulgar a que consideramos unha das nosas tradicións máis fermosas e parte fundamental do noso patrimonio inmaterial.

Achas en falta a túa cidade? Encontraches algún erro no mapa? Podes comunicarte con nós a través do correo mitoloxia@maos.gal

  • Bibliografía e webgrafía básicas para profundar na temática:
    • BALBOA SALGADO, Antonio: As cidades asolagadas : as augas e o alén en Galicia, Keltia (Toxosoutos), Noia, 2006.
    • CUBA, Xoán R., Xosé MIRANDA e Antonio REIGOSA: Dicionario dos seres míticos galegos, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1999.
    • VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Ed. Galaxia,
    • Galicia encantada [https://galiciaencantada.com/], a cargo de Antonio Reigosa.

Aviso! As localizacións no mapa son, na maioría dos casos, aproximacións.

Preme aquí para ver o mapa en pantalla completa.